Publicamos desde aCentral Folque unha edición especial da música gravada que acompaña o libro de Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó que o Oscar Ibáñez Trío fixo para esta colección da Chave Mestra. O disco xa se pode escoitar nas plataformas de difusión musical máis importantes ou mercarse nas principais loxas electrónicas. Esta edición recolle o repertorio do mítico gaiteiro de Campañó, un dos últimos representantes do tocar tan singular da zona de Pontevedra e protagonista das gravacións documentais de música galega máis antigas conservadas (Filgueira Valverde, 1947).
A edición dixital contempla vintedous temas instrumentais gravados coa gaita orixinal que tocou Tilve e os seus herdeiros da man e o sopro de Oscar Ibáñez acompañado ao bombo de Cristian Silva e ao redobrante de Andrés Vilán. Á diferencia da edición física (contida na publicación editorial canda o libro), non contén os catro cortes orixinais do propio Xoán Tilve coas diferentes versións das Tocatas para o Corpus de Pontevedra que somentes estarán disponíbeis na versión física de CD que vén co libro. Estes temas foron orixinalmente publicados en 2015 e gravados no estudio da Radio Galega por Pablo Barreiro.
Se queres mercar o disco en formato dixital, vai até as loxas online seguintes:
Eis as ligazóns ás plataformas dixitais máis comúns: