A Deputación da Coruña encargoulle á cantora e compositora Alba María unha canción para o Día Internacional da Muller no 8 de marzo de 2017 que se presentou onte en rolda de prensa. aCentral Folque encargouse da produción da canción que contou coa letra, a melodía e a composición de Alba María e os arranxos e dirección musical de José Manuel Díaz e que gravouse en febreiro nos estudios A Ponte de Santiago de Compostela. O vídeo fíxose a cargo de Ziwa Producións. O tema conta coas voces de Uxía, Silvia Penide, Carmen Rei, Sonia Lebedynski, Ugia Pedreira, Pilocha, Belén Tajes e a propia Alba María. Voces de diferentes xeracións e estilos, únense, convidadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña, nun tema musical que busca celebrar desde o orgullo, a vindicación, a emoción e a vontade de loitar e de avanzar na igualdade de xénero, para unha sociedade máis xusta e mellor.
Podes ver o vídeoclip aquí: