As gravacións do antropólogo danés Gustav Henningsen que recentemente publicou aCentral Folque na colección Chave Mestra son as protagonistas este sábado 18 de agosto no ciclo Monumenta: andar con arte na vila de Ordes. Un relatorio dun dos autores do libro, un concerto especial e unha andaina pola arte de Desordes Creativas completan a programación na xornada “Meigas e feitizos con Gustav Henningsen”, é o programa adicado a este antropólogo cun roteiro por Ordes o vindeiro sábado 18 de agosto pola tarde. A actividade (andaina e concerto) é de balde e debe reservarse con antelación aquí. O roteiro estará guiado polo musicólogo Xabier Groba e o concerto de Tralo-Valo deseñado para esta actividade exclusivamente interpretado con repertorio gravado polo antropólogo danés na súa estadía na vila nos anos 60.
MONUMENTA DIVULGA
É un reto realizar unha andaina arredor do patrimonio inmaterial porque as pegadas son, en moitos casos, invisibles, pero tamén é unha oportunidade para experimentar e traballar coa imaxinación. Esta andaina de Monumenta será un paseo por Ordes, en conversa con Xavier Groba, un dos dous autores do libro Gustav Henmingsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (aCentral Folque, 2017). Viviremos aquela Galicia máxica dos anos sesenta, mentres iremos visitando os graffitis e murais que cada ano programa o festival Desordes Creativas.
MONUMENTA ESCOITA
Tralo-Valo é o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas, que interpretarán cancións do repertorio gravado polo antropólogo G. Henningsen en Galicia (1964-1968), fundamentalmente da bisbarra de Terra de Ordes. Música de matriz patrimonial, que se conservou ao longo de xeracións, florece agora coa forza da tradición oral: muiñeiras, pateados, romances, cancións de andar o camiño, alalás, agarrados.