Homenaxe a Ricardo Portela

Un dos gaiteiros máis sobranceiros do país recibirá unha homenaxe con varias actividades o vindeiro 24 de marzo , día no que se cumpre o 25 aniversario do pasamento de D. Ricardo Portela Bouzas (Viascón 1920-Pontevedra 1992), co gallo da efeméride levaranse a cabo as seguintes actividades conmemorativas en Cerdedo-Cotobade e máis en Pontevedra.

Os actos comezarán pola mañá cunha ofrenda floral diante busto do gaiteiro de Viascon en Cercedo, Cotobade a partir das 12.30 h.

Pola tarde os actos transládanse a Pontevedra.

A partir das 17 h haberá un pasarrúas cos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Alegres e o grupo Foula.

Ás 18.30h o descubremento dunha placa conmemorativa  na rúa do Laranxo, 8.

A partir das 21 h no Teatro Principal unha gala homenaxe conducida polo director artístico d’aCentral Folque Ramon Pinheiro. Con actuacións e conversas con  músicos que tocaron con Portela no seu día tan destacados coma Francisco Estévez “Chuco”, Pepe Ferreirós, Wenceslao Cabezas “Polo”, Antón López “Toniño”, Miguel Souto e aínda máis. A gala servirá para presentar o disco de Óscar Ibáñez  baixo o título Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela, 25 Anos do Pasamento gravado coa súa propia gaita de dixitación pechada.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario