I Sons do Coto

Un novo festival xurde no calendario de primavera. Sons do Coto son tres días con actividades de sendeirismo, ecoloxía, permacultura para todas as idades e tres noites temáticas de concertos (rock, folque/fusion, trad) que se celebrará no lugar de Castro (Cerdedo – Terra de Montes) entre o 23, 24 e 25 de maio de 2014. Está organizado pola Asociación Cultural Sons do Coto, creada ex professo para facer posível o primeiro festival da Terra de Montes alén doutras actividades relacionadas que se desenvolverán ao longo do ano.

sonsdocoto

A localización do festival é a carón do monte de Castrodiz en Cerdedo (Pontevedra).

A idea do festival nace da necesidade –por unha banda- de dar novos usos ao recinto; e por outra, de ofrecer alternativas de lecer e actividades a unha comarca moi castigada nos últimos anos pola despoboación e a falta de iniciativas deste tipo que fai que a cada vez máis escasa mocidade opte por desprazar-se a outros núcleos de poboación máis ou menos cercanos.

No cartel desta primeira edición aparecen grupos como French Connection Quartet, Champurrada, The Grave Dolls, ConVersos e The Trunks (o venres 23); para dar paso no sábado a concertos de folque-fusión da man de Primordiais, Xonxas, A Máquina de Meter Medo, Charanga (Portugal), Xandre Outeiro e DJ Phosky (do colectivo Efealcubo).

Xa no domingo daremos paso á música tradicional cos pandereteiros O Tear de Llerena, Pandereteiras do Suído e pandereteiras Rexubeiras da A.C. Trépia.

Un completo plan de fin de semana para todos os gustos e idades, con actividades de sendeirismo, charlas sobre enerxías renovables, permacultura e agricultura ecolóxica… incluso un campionato de futbolín e zona de acampada.

O programa completo pódese consultar en www.sonsdocoto.org.

Os prezos de entrada son os seguintes:

  • Entrada só venres ou só sábado: anticipada 13 €, billeteira 15 €
  • Entrada completa (venres a domingo): anticipada 18 €, billeteira 20 €
  • Entrada domingo (só en billeteira): 5 €
  • Menores de 12 anos, entrada de balde

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario