III Feira do disco e libro galego

aCentral Folque estará presente cun stand na III Feira do disco e do libro galego que ten lugar durante todo o día o vindeiro sábado 17 de marzo no espazo da Cúpula en Monterroso. Alí teremos os discos e libros editados desde a Folque como todos os títulos da colección Chave Mestra, Chané na Habana, Cantos de CEgo da Galiza e Portugal, Ulobit, etc.

A Feira do Disco e do libro galego trátase dun evento no que se unen disco e libro, elementos fundamentais da difusión cultural, nun mesmo espazo co galego como lingua vehicular. Stands para ollar, imaxinar e desfrutar e a posibilidade de presenciar música en directo, presentacións literarias e actividades, en espazos integrados na feira. Unha xornada cargada de actividades para desfrutar de xeito totalmente gratuíto, á vez que coñecer atractivas propostas dos nosos numerosos expositores.

Toda a info sobre o evento en www.facebook.com/25Xastres

Podes consultar o programa completo da III FEIRA DO DISCO E LIBRO GALEGO AQUÍ:

https://www.yumpu.com/pt/document/view/59858063/programa-iii-feira-disco-e-libro-galego

 

PROGRAMA DA FEIRA

10:45 APERTURA

11:00 CONTACONTOS “QUEN VÉN ESTA NOITE?”  con Ana Meilán + RATOBRADOIRO para nen@s

11:00 a 12:30 OBRADOIRO ILUSTRACIÓN con LUÍS DAVILA “O   BICHERO”.   (Para nenos de 6 a 12 anos con reserva)

11:30 PRESENTACIÓN DO LIBRO “DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO   SINAL con Arantza Portabales.

12:15 PRESENTACIÓN DISCO LIBRO INFANTIL  “CAMIÑOS” con Magín Blanco.

13:15 CATA LITERARIA AO REDOR DA GUÍA “A RIBEIRA SACRA”  con Manuel Garrido (Colabora Adegas Moure “Abadía da Cova”)

13.45 PALESTRA “OCÉANO PARA TERRÍCOLAS” con Xurxo Souto. Baseada nos libros “Contos da Coruña” e” Contos do mar de Irlanda”

—————–

16:30 PRESENTACIÓN DO DISCOLIBRO “O GAITEIRO DE

SANTO XUSTO ” O son da Ulloa  conBruno Villamor.

17:00 CONCERTO PRESENTACIÓN DISCOLIBRO “PAKOLAS” con Paco “Pakolas” Cerceira.

17:50 PRESENTACIÓN DO LIBRO “PIONEIRAS” con Anair Rodríguez.

18:30 CONCERTO PRESENTACIÓN DO DISCO “PRÓLOGO”conSamarúas.

19:15 PRESENTACIÓN LIBRO “A CONTRADICIÓN PERMANENTE” con Daniel Salgado e Martiño Noriega.

19:45 CONCERTO PRESENTACIÓN “LIVRES E LOUCAS” con Habelas  Hainas.

20:30 PRESENTACIÓN DISCOLIBRO “MANUAL EGÓLATRA BÁSICO” con Cristian Silva.

20:50 CONCERTO PRESENTACIÓN “AZOUGUE” Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e Xosé Lois Romero.

21.45 PRESENTACIÓN “CAIRÓN nº2” co Instituto de Estudos Ulloáns.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario