aCentral Folque participará este ano na III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional presentando a colección Chave Mestra o vindeiro sábado 3 de outubro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na Casa das Campás en Pontevedra a que será a III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo que nos ofrecerán conferencias, presentacións de traballos, concertos…
A AGG continua a apostar por este tipo de accións divulgativas, creando oportunidades para coñecer máis a fondo a nosa música tradicional e a de outros lugares. A través desta actividade, amosaremos a riqueza existente na nosa cultura e tamén noutras próximas, ademáis de poñernos ó día en canto a traballos de investigación realizados recentemente.
A Xornada terá o seguinte programa:
09.30h – Entrega de documentación e apertura
10.00h – Relatorio
Moisés Quintas – “Pito Galego: Método Práctico”
10.50h – Quenda de preguntas
11.00h – Relatorio-Concerto
Paulo Gonçalves – “A gaita de fole, un instrumento tradicional na música erudita: alguns apontamentos sobre realidades e ficçons”
12.20h – Quenda de preguntas
12.30h – Descanso
13.00h – Relatorio
Ramón González – “Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918.”
13.50h – Quenda de preguntas
14.00h – Xantar
17.00h – Presentación de Publicacións
Presentación libros aCentralFolque – A chave mestra da tradición musical e oral galega. Palestra con Ramom Pinheiro Almuinha, editor
17.30h – Presentación de Publicación + Concerto
Presentación libro Siderio de Vilarmide + Concerto de Desiderio, Daniel Carballo e Ana García Lenza.
18.15h – Descanso
18.30h – Relatorio-Concerto
Juraj Dufek e Miroslava Dufeková – “Gaitas e instrumentos de vento tradicionais de Eslovaquia.”
19.50h – Quenda de preguntas
20.00h – Peche das xornadas.
INSCRICIÓN:
A Entrada é de balde, pero para asistir é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou no teléfono 986847074.
O prazo de inscrición rematará o día 2 de outubro, ou cando se complete o aforo, aplicándose en tal caso o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.