IV Feira do disco e libro galego

A IV Feira do disco e libro galego decorrera este sábado 16 de marzo de 2019 en Monterroso. Un concepto que une dous elementos fundamentais da difusión cultural, nun mesmo espazo co galego como lingua vehicular. Case unha trintena de stands para ollar, imaxinar e desfrutar, e a posibilidade de presenciar música en directo, presentacións literarias e actividades, en espazos integrados na feira. aCentral Folque estará alí con stand propio durante todo o día e participará cun acto do programa coa presentación da Colección editorial Cámara Escura con EUTROPIO RODRÍGUEZ ás 16h10′

PROGRAMA

  • 11.00h OBRADOIRO GASTROLITERARIO
    Cociñando con bolboretas no bandullo. (para nen@s de 5 a 12 anos con reserva previa) Reservas e info 630 65 04 19 / 699 69 14 47
  • 11.00h PRESENTACIÓN: Hotel para coleccionistas discretos.
    con DIEGO GIRÁLDEZ, MANRIQUE FERNÁNDEZ e FRANCISCO CASTRO
  • 11.30h PRESENTACIÓN: A gotiña viaxeira
    con TOÑO NÚÑEZ.
  • 12.00h PRESENTACIÓN: MONSTROS de Chuches  Amil.
    con FRAN AMIL (Concerto para nen@s)
  • 12.50h PRESENTACIÓN: Chámame señora, pero trátame coma un señor.
    con INMA LÓPEZ SILVA.
  • 13.30h PRESENTACIÓN MUSICAL do álbum “Fonsagrada”.
    con Candorka Trío
  • 16.10h PRESENTACIÓN: Colección Cámara Escura.
    con EUTROPIO RODRÍGUEZ  aCentral Folque.
  • 16.30h CONTACONTOS + ACTIVIDADE: A manchas ou a raias
    con ESTEFANÍA PADULLÉS.
  • 16.45h PRESENTACIÓN: Cairón nº3. Boletín do IEU.
    con ALONSO MONTERO, DANIEL SALGADO e FRANCISCO PARDO.
  • 17.35h PRESENTACIÓN: Radio BuleBule.
    con PACO NOGUEIRAS (concerto para nen@s)
  • 18.20h PRESENTACIÓN: O puño e a letra.
    con YOLANDA CASTAÑO.
  • 19.15h PRESENTACIÓN MUSICAL do álbum 13 Cancións Bonitas.
    con BENXAMÍN OTERO e GERMÁN DÍAZ.
  • 20.00h PRESENTACIÓN: Memoria do silencio.
    con EVA MEJUTO
  • 20.40h PRESENTACIÓN MUSICAL do álbum “Evelaités”.
    con ZOELAS.

PROGRAMA COMPLETO E INFO DETALLADA DE EXPOSITORES –> https://bit.ly/2IR28tz

Máis info en www.facebook.com/25Xastres

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario