ÚLTIMA HORA: Este evento fica cancelado!
O vindeiro xoves 30 de maio (estaba inicialmente anunciado para o martes 28) de 2024 aCentral Folque acubillará un evento moi especial cun das lendas vivas da música no Brasil. Jaques Morelembaum virá até Compostela para ofrecer unha aula maxistral sobre a súa arte, no que será a única data e exclusiva oportunidade na súa primeira visita a Galiza.
‘A música segundo Jaques Morelenbaum’ é unha aula maxistral sobre composición instrumental brasileña, na que Jaques Morelenbaum falará da súa experiencia realizando arranxos para os discos de Tom Jobim, Caetano Veloso, Ryuichi Sakamoto,… esta sesión está pensada para músicos profesionais ou amadores que poden asistir con instrumentos ou non mais tamén para o público xeral que queira escoitar unha das voces vivas máis importantes da música brasileira.
Detalles:
- Lugar: CSC da Trisca (Corredoira das Fraguas 92, Santiago de Compostela)
- Datas: xoves 30 de maio de 2024
- Horario: de 16.30 a 18.30 horas
- Prezo: 10 €
- Prazas limitadas
- Inscripción: enche o formulario de embaixo
- + info: matricula@folque.com
Sobre o artista
Jaques Morelenbaum é carioca, nascido em 1954 e, em 50 anos de carreira profissional, tem colaborado com grandes expoentes da música Brasileira e Internacional, seja em concertos, produções fonográficas e cinematográficas. Atuou por dez anos na Nova Banda de Antonio Carlos Jobim, excursionou por todo o mundo durante cinco anos apresentando-se com Egberto Gismonti, foi diretor musical, arranjador e violoncelista de Caetano Veloso por quatorze anos, colaborou desde os anos noventa com Ryuichi Sakamoto, atuou e/ou gravou com Sting, Cesária Évora, Mariza, Milton Nascimento, Henri Salvador, David Byrne, Omar Sosa, Bill Frisell, Hubert Laws, Kenny Barron, João Donato, Julieta Venegas, Goro Ito, Carminho, John Scofield, entre tantos outros. De 2009 a 2014 colaborou com Gilberto Gil em seu projeto Concerto de Cordas e Máquinas de Ritmo como arranjador, regente e produtor. Lançou, com seu CelloSam3aTrio o álbum “Saudade do Futuro _ Futuro da Saudade” – Biscoito Fino/Mirante Discos, em 2014 e eu mais recente projeto “Flor do Milênio”, em 2022 pelo Selo SESC.
Formulario de inscrición:
Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación e as instrucións de pagamento; debes mirar na pasta do “spam” se non te chegase á pasta principal do teu correo electrónico.
Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Estes cursos están organizados por aCentral Folque co apoio do Concello de Santiago, Capital Cultural.