José Manuel Díaz na EMPA

josemanueldiazEsta semana o Curso Maxistral da Escola de Música Popular e Avanzada que aCentral Folque desenvolve no Auditorio de Galicia recibe a visita de José Manuel Díaz, contrabaixista e compositor cubano moi relacionado co proxecto Folque desde que formara parte da aventura musical da Descarga ao Vivo no 2008. Titulado superior no ISA da Habana e experimentado intérprete conta cunha ampla traxectoria en grupos en Cuba e é un regular de moitos proxectos de jazz e outras músicas en Galicia. Actualmente liderando o seu trio Jazzología ou arranxando e dirixindo os temas do Sindicato da Noite (en proceso de gravación do seu primeiro disco, no que podes colaborar), ou acompañando ao Felipe Villar Trio ou o Alejandro Vargas Trio ou co dúo con Pablo Seoane.
O alunado da EMPA terá unha sesión intensiva sobre arranxos deste xoven mestre consagrado da música este venres e sábado.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario