Joselín con Murguía

Os contos de Joselín, espectáculo creado por aCentral Folque logo do libro homónimo sobre José Rodríguez de Vicente,  primeira  publicación da colección Chave Mestra, volve a un escenario da man de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín. Desta volta para participar na entrega de premios do certame Manuel Murguía de Arteixo estes xoves 9 de maio ás 20 h no Centro Cívico e Cultural de Arteixo.

Dous oradores de renome recrean en palco “Os contos de Joselín” e asociaranos aos seus propios con  Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín.

Os finalistas desta edición do XXVIII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía son “A casa das Castrouteiro”, de Daniel Barral Calvo; “Crónica de ningures”, de Francisco Rozados Rivas; e “A idade do escarnio”, de Tito Pérez Pérez son os tres finalistas.

A decisión definitiva do xurado, commposto por Charo Pita Villares, gañadora da 27ª edición; Inmaculada Otero Varela, representante da Asociación Galega da Crítica; Xabier López López, representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; e Alfredo Ferreiro Salgueiro, coordinador literario con voz e sen voto.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Parabens para estes narradores, merecen premio

Deixa unha resposta a Teresa Cancelar a resposta