
Julia Feijóo (Vigo, 1987) é titulada superior en Etnomusicoloxía (Vigo, 2016), licenciada en Historia da Arte na especialidade de Historia da Música (Compostela, 2010) e titulada profesional en Percusión (Vigo, 2010).Dentro do panorama de música de raíz galega é integrante da banda do arpista Rodrigo Romaní, formación coa que realiza a xira do seu disco As Arpas de Breogán (Fol Música, 2012), e da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu.
A súas investigacións abordan o estudo das músicas de tradición oral de Galiza, centrándose especialmente nos contactos interculturais e nos procesos de adaptación da tradición na sociedade contemporánea.