Julia Feijóo no Curso Maxistral

juliafeijooContinúan as convidadas ao Curso Maxistral na Escola de Música Popular e Avanzada- Logo de ter o privilexio de contar na lección inaugural a Dorothé Schubart, agora recibimos a visita doutra novísima etnomusicóloga galega. Julia Feijóo ofrecerá unha inspiradora aula sobre os cantos acompañados de adufe compliados na Galiza que poderá desfrutar o alunado a este pioneiro curso na EMPA este sábado 3 de decembro no Auditorio de Galicia.
Julia Feijóo (Vigo, 1987) é titulada superior en Etnomusicoloxía (Vigo, 2016), licenciada en Historia da Arte na especialidade de Historia da Música (Compostela, 2010) e titulada profesional en Percusión (Vigo, 2010).Dentro do panorama de música de raíz galega é integrante da banda do arpista Rodrigo Romaní, formación coa que realiza a xira do seu disco As Arpas de Breogán (Fol Música, 2012), e da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu.
A súas investigacións abordan o estudo das músicas de tradición oral de Galiza, centrándose especialmente nos contactos interculturais e nos procesos de adaptación da tradición na sociedade contemporánea.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario