Letras Galegas na Fundación Risco

A Fundación Vicente Risco de Allariz celebra o día das Letras Galegas na súa sede (Rúa de San Lourenzo, 3), vivenda e hoxe museo do escritor alaricano. Este sábado unha programación especial na que s einclúe a proxección do documentario Noticiario Folk Nº1 (1932) dos irmáns Barreiro e unha actuación de Ugia Pedreira en solitario.

A programación tamén contempla o conto de Uxía Morán “A vaca que puxo un ovo” e a presentación de Laura Tato do libro “Do teatro ao cinema, obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo”.

Máis info e cartel aquí:
http://www.fundacionvicenterisco.com/Blog/contenido/968/SABADO_17_DE_MAIO_NA_FUNDACION_VICENTE_RISCO_DENDE_AS_1200_FESTA_DAS_LETRAS_GALEGAS_

Cartaz do acto polo Día das Letras 2014

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario