Libro e didáctica do libre improviso

libroChefaAlonsoO vindeiro martes 25 de novembro ás 20.30 h terá lugar a presentación en Galicia do novo libro da improvisadora de orixe galega Chefa Alonso: Enseñanza y aprendizaje de la improvisación libre. Propuestas y reflexiones. (Editorial Al Puerto, Madrid, 2014).

A presentación correrá a cargo, á parte da propia autora, dos músicos Ariel Ninas e Javier María López, compañeiros improvisadores na experiencia colectiva e atrevida da OMEGa; haberá tamén unha improvisación musical con Bernardo Martínez (clarinete, percusión) e Chefa Alonso (percusión mínima, kechapi e saxo soprano).

Terá lugar no pub Modus Vivendi, Praza Feixoó, Santiago de Compostela. Entrada libre.

Ademáis Chefa Alonso ofrecerá mais un concerto na súa visita a Galicia o vindeiro sábado 22, con Grus Art. Bababar na Coruña.

O libro é en edición bilingüe castelán/inglés, e escrito por unha das personalidades máis relevantes da improvisación libre en España. O libro, estruturado en seis capítulos, pódese considerar unha didáctica desta disciplina, enfocada á súa implantación en distintas tipoloxías de centros educativos musicais, desde conservatorios a escolas de música, aínda que sen esquecer en ningún momento o seu caracter interdisciplinar, o que pode resultar un texto moi útil noutros contextos como o da danza ou a poesía, terreos nos que Chefa Alonso posúe unha extensa traxectoria. O libro inclúe un DVD con arquivos de audio no que se recollen exemplos sobre as propostas descritas no libro, así como unha gravación de Orquéstra FOCO, dirixida pola autora, que ilustra algunhas das suxestións que aparecen no texto.

Chefa Alonso é Doutora en Composición e Improvisación (Brunel, Londres 2007) e Licenciada en Medicina. Saxofonista e percusionista, compón música para espectáculos teatrais, poéticos, de danza, circo, etc. e dirixe diferentes orquestras de improvisadores; traballa, a través da música e a improvisación, con persoas discapacitadas, ademais de realizar unha importante actividade docente.

É autora dos libros: Enseñanza y aprendizaje de la improvisación libre. Propuestas y reflexiones (Al Puerto, 2014): http://www.sulponticello.com/ensenanza-y-aprendizaje-de-la-improvisacion-libre-chefa-alonso e Improvisación libre. La composición en movimiento (Dos Acordes, 2008): http://www.sulponticello.com/?p=3012

Páxina web da autora: http://chefaalonso.wordpress.com

Sobre a publicación: “Probablemente el libro más completo y exhaustivo realizado en España sobre la improvisación libre, faceta transversal que une interpretación y composición a partes iguales” (Revista de música e arte sonoro Sulponticello)

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario