Linguaxe musical con Sergio de la Ossa

by Miguel Souto

by Miguel Souto

Este ano a escola d’aCentral Folque en Compostela ofrece un interesantísimo curso de Linguaxe Musical (métdo Kodály) con Sergio de la Ossa especialmente orientado sobre a base da música popular. Este é un curso dedicado a aqueles que queiran achegarse á lectura e á escrita da música, ao entrenamento auditivo e á comprensión musical a través do canto e da experiencia práctica, principalmente empregando cancións e melodías instrumentais tradicionais. Será unha aprendizaxe con técnicas consagradas no Concepto Kodály (p. ex. o solfexo relativo/do móbil) como outras máis novidosas de procedencias varias.

Sergio de la Ossa

É mestre de Educación Musical pola USC. Trasládase despois a Hungría para completar a súa formación entre 2001 e 2004 (obtendo o novo Grao de Especialista en Pedagoxía Musical Kodály no 2010). Desde 2011 imparte a materia de ‘Folk Music’ no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét). Recibe leccións e consellos sobre transcrición e catalogación de músicas tradicionais de parte das etnomusicólogas Mária Domokos e Olga Szalay, do Instituto de Musicoloxía (ZTI) da Academia Húngara das Ciencias, Budapest. Traballa desde 2007 na transcrición, edición e arquivo do material musical pertencente ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego (www.apoi-mpg.org). Exerceu como mestre de solfexo, guitarra clásica e harmonía na Escola das Artes (Brión) e na Escola de Música Berenguela (Compostela), e tamén ofreceu cursos e conferencias sobre música tradicional, baile, xogos e a adaptación do Método Kodály á realidade galega. Ampliou o seu interese ao mundo do baile tradicional e á notación do movemento, eido no que destaca a súa participación como co-autor do libro de baile tradicional galego “Así fan os bailadores” (Dos Acordes, 2009).

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario