Local Folque

Actividades – Escritorio – Aluguer do espazo – Loxa física de libros e discos novos e usados

 

O LOCAL DA FOLQUE. Rúa Salvadas 22, baixo. Bairro de Vista Alegre. Compostela

O LOCAL DA FOLQUE. Rúa Salvadas 22, baixo. Bairro de Vista Alegre. Compostela

 

Ábrese o LOCAL DA FOLQUE en Santiago de Compostela, alí onde mora a Lura Vermella do artista Pancho Lapeña. Coma nos teatros ou nos bares de flamenco, na parte de atrás sitúase o lugar máis misterioso e donde se coce o interesante das vivencias diarias. Este Local da Folque foi no seu inicio o garaxe dunha autoescola, agora reconvertido en salón-fogar por Quim Farinha, Roberto Sala, Óscar Fernández e os que traballamos habitualmente aquí. Igual que as luras van á luz desde a profundidade, desde aCentral Folque decidimos abrir portas e xanelas para que entre a luz, com accións cariñosas e próximas, con petiscos caseiros dirixidas ao bairro alegre de Vista Alegre, e a quen queira ser e estar con nós.

Queres ser parceiro/a do Local da Folque?

Queres vir traballar coa nosa wifi, tomar un chá de sabores, ter unha reunión, ler libros, escoitar música, ter un ensaio acústico…

Para ser parceiro/a do Local da Folque, axudarnos no mantenemento e explorar novas posibilidades neste espazo, contacta com nós directamente e persoalmente. Falaremos no tlf. 698 144 921 ou no email acentral@folque.com


 

PROGRAMA de actividades
Data/hora Evento
22/04/2014
20:00 - 22:00
Encontro con Narf
Local da Folque, Compostela A Coruna
23/04/2014
21:00 - 22:00
Concerto: Alba María
Local da Folque, Compostela A Coruna
26/04/2014
12:00 - 14:30
Encontro con Ugia Pedreira
Local da Folque, Compostela A Coruna
08/05/2014
21:00 - 22:30
Parola con Pablo Quintana
Local da Folque, Compostela A Coruna
10/05/2014
12:00 - 14:30
Encontro con Guadi Galego
Local da Folque, Compostela A Coruna
21/05/2014
20:00 - 22:00
Parola con Sés
Local da Folque, Compostela A Coruna
12/06/2014
20:00 - 22:30
Curso de canto difónico: P. Rougier
Local da Folque, Compostela A Coruna
20/06/2014
18:00 - 21:00
Curso cordas: Sérgio Tannus
Local da Folque, Compostela A Coruna
21/06/2014
12:00 - 14:00
Seminario Réxime xeral artistas
Local da Folque, Compostela A Coruna
04/07/2014
21:30
Concerto de nenoescuro
Local da Folque, Compostela A Coruna

Comments are closed