enderezo
Avd. Burgo das Nacións, S/N
Compostela
Galiza
15704
Spain
O Auditorio de Galicia é un lugar polivalente que demostra as potencialidades como espazo internacional para o encontro e a cultura. A súa versatilidade e funcionalidade, enmarcada nun contorno cómodo e accesible que convida ao paseo, foi proxectada polos arquitectos Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos.
Inaugurouse o 20 de outubro de 1989 coa vontade de consolidar a oferta cultural da capital de Galicia. Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi posible grazas á intervención institucional conxunta do Ministerio de Cultura, da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago. A eficaz colaboración entre administracións e un conxunto de institucións privadas facilitaron os medios económicos indispensables para facer do Auditorio de Galicia o centro por excelencia para a recepción das manifestacións culturais que xera a cidade a e así mesmo converteuse en punto de referencia obrigada para a cultura musical e artística de Galicia.
Dende 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.
O Auditorio de Galicia está na Avenida do Burgo das Nacións, s/n, C.P.:15705, Santiago de Compostela. Está aberto todos os días do ano (agás o 25 de xullo, o 25 de decembro e o 1 de xaneiro) de 9.00 a 20.00h. (o horario de peche varía segundo a programación)