Un Magosto no Gaiás para o baile

magostogaias15aCentral Folque encárgase un ano máis da dirección artítica do Magosto no Gaiás , desta volta coa organización dun baile con música tradicionalao vivo e obradoiros de iniciación. Por suposto tamén haberá castañas e bebidas para aguantar o ritmo.  O día é o venres 30 de outubro

Volve este outono para facernos un convite que non podemos rexeitar: un día de música para o baile. A partir das 21:00 horas, o Museo Centro Gaiás contará coas actuacións dos Pandereteiros de O Fiadeiro e Os Cempés, que achegarán o público a un repertorio de músicas tradicionais para un obxectivo único: bailar. E nesta labor acompañarannos as asociacións de baile A Monteira de Vigo, Seráns de Santiago de Compostela e Danzalia Mundi da Coruña. A festa virá precedida dun magosto tradicional, que arrancará ao redor das 20:00, con degustación de castañas da IXP Castaña de Galicia.

Mais o Magosto deste ano non se limitará á noite. Será un programa arredor da danza galega e das danzas europeas con música en vivo, que contará a partir das 17 horas con dous obradoiros de iniciación ao baile totalmente de balde: baile galego con Sandra Vázquez, bailes en parella con Suso Cancelas e bailes de roda con Pili Conde. Ambos os tres son de balde previa inscrición.

O deste Magosto no Gaiás será un programa centrado no divertimento, exercicio e a interacción social dun xeito lúdico, distendido e informal a través do baile. Mais tamén unha oportunidade para a aprendizaxe de novos xéneros e bailes e conectar así o público galego ao movemento internacional do Bal Folk que en Europa vive un momento de grande intensidade nos últimos anos e que en Galicia aínda é incipiente, sendo un país históricamente moi rico en baile tanto rural como urbano.

Podes mercar as entradas anticipadas aquí

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

2 Comments

  1. Ola!! Querería apuntarme ao obradoiro de baile…como o podo facer? Dónde van ser os obradoiros de baile, tamén no Gaiás ou na Central? Gracias!

Deixa un comentario