Magosto no Gaiás

magostoGaiasEn novembro a Cidade da Cultura organiza a festa do Magosto no Gaiás. O venres 28 de novembro cunha festa cento por cento galega nun homenaxe a dous grandes mestres da gaita: Basilio Carril no centenario do seu nacemento; e Xan Bello Mallou, no cabodano do seu pasamento. Taghaitaí, acompañados de Cantigas e Agarimos, porán a foliada e A Cantina do Gaiás, en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, as bebidas e as castañas. aCentral Folque produce este evento.

O magosto comezará ás 20 horas na entrada do Museo Centro Gaiás, onde poderán degustarse de forma gratuíta as castañas asadas. E desde as 21 horas, no interior do Museo, Taghaitaí, grupo formado por Edelmiro Fernández (o gaiteiro máis laureado de Galicia), Manolo Maseda (ex-acordeonista e cantante dos Diplomáticos de Montealto), Lola de Ribeira (voz e percusión) e Iván Costa (gaita e zanfona), estará presentando o seu esperado disco de debut.

Prepararán para a ocasión temas do repertorio de Basilio Carril e Mallou, que tocarán valéndose de colaboracións do Coro e cuarteto tradicional de ‘Cantigas e Agarimos’, dando lugar a unha gran festa popular.

As entradas xa se poden mercar aquí. Anticipadas é a 6 €. En billeteira a 8 €

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario