Marful despídese

MarfulSeduceA banda que revolucionou a música galega na última década deixa os palcos. Dous concertos porán fin a esta andadura que comezaba en 2001 e da que viron a luz dous discos: Marful (2002) e Manual de Sedución (2006). As súas últimas citas serán o mércores 8 de outubro en Lugo, nas Festas de San Froilán, Praza de Santa María coa banda ao completo, en formato sexteto. E o venres 10 de outubro en Santiago de Compostela, Hotel NH, xa en formato íntimo con eles catro: Ugia Pedreira (voz), Pedro Pascual (acordeóns), Pablo Pascual (clarinete baixo) e Marcos Teira (guitarras).

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario