A aula de violino estrea mestra este curso 2014/2015. María García Blanco, unha nova intérprete xa curtida en palcos do país e en diversos proxectos musicais.
A aula de violino propón a aprendizaxe de repertorio popular principalmente galego, adaptado a este instrumento así como na escasamente conservado pero riquísimo estilo en Galiza (a figura d@ ceg@ violinista, como Florencio dos Vilares). Atención tamén a outras culturas europeas onde este instrumento ten unha importante presenza: países escandinavos, illas británicas, centro e leste de Europa. A través de técnica específica para violino: dixitación, tonalidades, ornamentación, golpes de arco, etc. poñendo en valor a transmisión oral e a memoria musical.
Breve bio de María García Blanco
Estuda violín dende os 7 anos no Conservatorio Profesional de Lalín coa mestra Inara Vecbastika, logo no Conservatorio Superior de Vigo e na Xove Orquestra Sinfónica de Galicia. No Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín coñece ao mestre Quim Farinha o que a achega a outras músicas e linguaxes. Como intérprete colabora con diferentes músicos galegos e segue a formarse en música moderna e novas técnicas para o instrumento. É mestra de educación musical e adícase á docencia da música dende o 2002. Toca actualmente nos recentes proxectos de Tischestein e Aramat e podes escoitar o seu violino nos discos de Xoan Curiel (Magnético Zen) ou Sérgio Tannus (no magnífico tema Beethoven tiña razão do disco Son brasilego)