Mercado do libro en Conxo

aCentral Folque estaremos participando esta fin de semana do 21 e 22 de abril en Santiago de Compostela nas conmemoracións do Banquete de Conxo cun posto da nosa división editorial no I Mercado do Libro e a Artesanía que se celebra con tal motivo na praza Aurelio Aguirre  toda a fin de semana. O domingo ás 17 horas estará Alba María Rodríguez presentando e asinando  o seu libro “Regueifa en Bergantiños

A iniciativa enmárcase na celebración do Banquete de Conxo,  un dos fitos históricos máis salientábeis acontecidos no século XIX en Santiago e de grande transcendencia cultural e política.  O mercado abrirá o sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas, e o domingo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. Durante as dúas xornadas e, en horario initerrompido, haberá xogos e chocolatada. Ademais, para facilitar a visita, funcionará un bus lanzadeira cada media hora dende a rúa da Rosa ata a praza da Mercé de 11:00 a 20:00 horas.

No Mercado do Libro e a Artesanía  formarán parte do mercado 27 iniciativas culturais, entre as que se inclúen 10 editoriais, 6 librarías e 2 expositores de obra gráfica e ilustración. Delas, 15 están radicadas en Santiago de Compostela e as outras 3 proveñen do resto de Galicia. En canto aos artesáns e artesás, participan 9 representantes dos sectores máis tradicionais da artesanía galega: cerámica, ferro, prata, téxtil, madeira, coiro, cestería e instrumentos tradicionais, que ofrecerán o seu traballo en directo. Deles, 5 son de Santiago, outros 3 de concellos da contorna (Teo, Rianxo e Muros) e 1 de Vigo.

Para coñecer o programa enterio de actividades, segue esta ligazón:
http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1523613361CONCELLO_SANTIAGO_Banquete_de_Conxo.pdf

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario