Neste febreiro o Curso Maxistral que a Escola de Música Popular e Avanzada convida a tres músicos profesionais de reputado prestixio e sólida carreira para facer aulas específicas para o alunado deste curso de especialización da múisca popular contemporánea: Olga Kirk para canto e pandeireta, Carlos Freire en percusión aplicada e Óscar Ibáñez en gaita anterga.
En varias sesións desgranarán a súa práctica para colecer de perto as aplicacións e conocementos sobre eidos da música galega. Ademais disto, o alunado terá 4 horas semanais de aulas regulares cos mestres titulares. Sergio de la Ossa, Alejandro Vargas, Óscar Fernández e Ramon Pinheiro.
Olga Kirk
Comeza a súa andaina musical aos once anos cando ingresa nun grupo de pandereteiras. Dende o principio entusiasmouse coa música tradicional, tanto coa súa interpretación como co seu estudio, e por iso dende os 17 anos dedicouse a facer investigación etnográfica de campo xunto con Pablo Díaz.
Ademais de cantar e tocar diversas percusións de man, Olga toca o acordeón diatónico ou o tambor, e dedícase ao seu ensino en diversas escolas de música tradicional. Ademais de facer coros na banda TIC TAC, é integrante do grupo de música tradicional “Ruote” e directora do grupo de baile tradicional da Coruña “Donaire”. Tamén pertence ao coro integrado por 16 cantantes de diferentes estilos “Sisters in the house”.
Carlos Freire
Xa dende moi novo, comezou a súa andaina musical como percusionista e gaiteiro da man do mestre Victor Xosé Agulló, en formacións da comarca de Ferrolterra ( Gallaecia, Amacuca). Estudou no Seminario permanente de Jazz de Pontevedra e Conservatorio superior da Coruña. No ano 2000 comezou a tocar como músico profesional nas banda de Mercedes Peón e Susana Seivane, participando en festivais nacionais e internacionais do universo folk. No ano 2012 pasou a formar parte da banda de Xoel López e do seu disco “Atlántico”. Colaborou con músicos como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Anxo Pintos, Rodrigo Romaní, Roberto Somoza, Marcos Teira, Uxia Senlle, Quin Garcia, Banda Crebinski, Banda das Crechas, Grupo de danza oriental Gaira, Aline Frazao, Njala Sami, etc. nun amplo abanico de estilos musicais (folk, flamenco, pop, jazz, música árabe, etc.) que van conformando a súa bagaxe profesional. Actualmente é membro das bandas de: Susana Seivane, Pesdelán, Pablo Díaz, Xoan Curiel , Alejandro Vargas Trio, La Macorina, Miguel Flores Trio, Tischetein e diversos proxéctos no ámbito do Jazz.
Óscar Ibáñez
Mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística, posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega e cursou estudos oficiais de frauta de bico. Comezou a tocar a gaita en 1984 no grupo “Treboada” de Poio. Entre 1989 e 2004 formou parte da “Agrupación Folclórica Celme” de Pontevedra coa que participou en numerosos festivais internacionais por toda Europa nos que entrou en contacto con gaiteiros asturianos, escoceses, irlandeses, bretóns ou búlgaros. Dende 1995 dirixe o “Grupo de Música Tradicional Pai da Cana”. Acadou máis de corenta de premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio o que o converte nun dos gaiteiros galegos máis galardoado tanto en dixitación aberta como pechada. En 2008 crea a Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, unha iniciativa para a recuperación e difusión das formas de expresión musical gaiteiras propias e diferenciais de Pontevedra como o sistema pechado de Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo e Xan de Campañó ou o sistema semipechado de Ricardo Portela.
Como investigador fixo coordinación do nº 11 da revista de etnomusicoloxía galega etno-folk (Dos Acordes, 2008), publicou o libro-CD “Os Montes de Lugo” (Ouvirmos, 2006), o libro+CD+CD-ROM “O Quinteto Monterrey de José Posada. Nos xardíns da Tropical” (Dos Acordes, 2009) e recentemente vén de colaborar co musicólogo Luis Costa na investigación e publicación do libro “El legado musical del Maestro Augusto Bárcena” (Deputación de Pontevedra, 2010) ou parte do último libro editado por aCentrla folque “Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó”