Mondomix tamén deixa de sair en papel

mondomixA viabilidade económica das revistas especializadas en músicas do mundo fica de novo orfa coa desaparación (en papel, sigue existindo online) do magazine francés Mondomix. A viabilidade económica semella estar detrás desta decisión. Así, unha das referencias editoriais do mundo da música anunciou recentemente esta retirada dos kioskos tradicionais. A súa actividade continúa na popular e internacional web mondomix.com Queremos tamén desde aquí lembrar a recente desaparición dunha revista editada en Madrid e que foi por moitos anos, unha das poucas edicións ibéricas ao redor das músicas popular: Interfolk pechou as súas portas e computadores esta primavera logo de 15 anos de presencia continuada. Ángel Goyanes, o seu director escribía esta carta de despedidia que podes ler na web da revista.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario