Paulina Ceremuzynska imparte este curso de Técnica Vocal e interpretación dirixido a toda persoa que estea interesada no canto. Non se precisan coñecementos previos. Importante traer roupa cómoda, zapatos cómodos, calcetíns gordos para poder andar descalzos, e unha manta. Cada alumno deberá traer dúas cancións que saiba de memoria e lle gustaría traballar (non se precisa partitura). Traballaránse tamén cancións colectivas do repertorio tradicional.
- Máximo alumnado: 10
- Horas: 12 en total
- Datas: 6 e 7 de xullo.
- Lugar: CSC da Trisca
- Prezo: 20 €
- Inscrición: mail a matricula@folque.com
Contidos do curso:
- Como cantar sen facerse dano.
- Coñecer as posibilidades da propia voz.
- Como expresar o que queremos a través da voz.
- Como buscar a cor natural da voz de cada un.
- Como traballar co texto cantado.
O curso combinará os exercicios colectivos e o traballo individual con cada alumno.
Duración: 12 horas. As horas do curso estarán divididas en dous bloques de 4 e 8 horas (4 e 4+4), que se realizarán en dous días diferentes (venres de 17h a 21h e sábado de 10-14 e de 16 a 20).
Material do curso: Facilitaráse aos participantes a descrición por escrito dos exercicios realizados
Mestra: Paulina Ceremużyńska, soprano
Paulina Ceremużyńska estudou Interpretación de Música Medieval cos profesores Katarina Livljanic e Benjamin Bagby na Universidade de Paris-Sorbonne e Musicoloxía na Universidade de Varsovia. A técnica vocal perfeccionouna coa profesora Mercedes Hernández e nos numerosos masterclass da Academia de Música Antigua en Salamanca, co profesor Richard Levitt.
Iniciou a súa carreira artística en 1999 como solista do Grupo de Música Medieval Pressus, galardoado co Premio Zofia Rayzacher no XII Festival Internacional de Música Antiga en Varsovia. No ano de 2002 recibíu o Premio Individual Eugenia e Julian Kulscy nese mesmo festival.
En 2004 obtivo do Centro Ramón Piñeiro de Galicia unha bolsa para un proxecto de transcrición e interpretación das cantigas de amor de Don Denis e das cantigas de amigo de Martin Codax, no que participaron músicos polacos e galegos. O froito deste traballo é o disco “Cantigas de Amor e de Amigo”, a terceira gravación mundial das cantigas profanas do rei Don Denis. O CD obtivo excelentes críticas, entre outros 5 estrelas na reseña da Revista de Música Antiga Goldberg (no. 40/2006).
No ano 2006 grava outro disco: “E moiro-me d’amor”, que dedica á reconstrucción da música perdida das cantigas de amigo dos máis destacados trobadores da escola galega.
No ano 2008 funda ao Grupo da Música Antiga Meendinho, co que presenta os seus programas nos Festivais Via Stellae e Espazos Sonoros. Como solista foi invitada tamén por outros grupos de música antiga: cantou co grupo “Malandança”, dirixido por Francisco Luengo, interpretando a Lai de Santa María de Ernoul le Vieux no Festival de Música Antigua de Gijón e co grupo “Ars Longa” da Havana, no Festival “Huella de España” (Havana, Cuba), presentando o seu programa sobre as cantigas de amigo galegas.
No ano 2010 defende a súa tesiña de estudos na Universidade de Paris-Sorbonne co traballo “Comment reconstruire la musique des cantigas d‘amigo galiciennes?” (“Como reconstruír a música das cantiga de amigo galegas?” ).
No ano 2013 é bolseira do Ministerio de Cultura de Polonia, preparando unha nova interpretación d’ “As melodías para o Salterio Polaco” do compositor renacentista Nicolao Gomolca. No 2015 realiza, en colaboración co vihuelista Fernando Reyes, a grabación dun disco con este repertorio, entitulado “Salmos do Século de Ouro”, editado pola discográfica polaca CD Accord.