O vindeiro sábado 3 de marzo aCentral Folque organiza en Santiago un monográfico de ocarina, impartido polo músico xaponés Shun Yonemura, virtuoso deste instrumento senlleiro. Non é preciso ter instrumento pois o artesán Manuel Barreiro “Paparolo“ pon a disposición ocarinas do seu atelier. O curso é unha sesión intensiva de catro horas orientada a músicos, especialmente para persoas que toquen a gaita, xa que as ocarinas dispostas teñen unha dixitación coma do punteiro galego.
Detalles:
- Duración: 4 horas
- Prezo: 20 €
- Data: sábado 3 de marzo
- Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
- Horario: de 16 a 20 h
- Outros: Prazas limitadas. Non é preciso ter ocarina.
- Inscrición e info: matricula@folque.com
Shun Yonemura
É natural de Tokio. Na actualidade cursa doutoramento no campus de Lugo. A súa afición pola música xorde a moi temperá idade. Aos 17 anos, toma contacto co son da ocarina a través da banda sonora do filme “Gedo Senki”, interpretada por Carlos Núñez. Nunha viaxe de estudos a Santiago de Compostela, coñece “Paparolo”, artesán que constrúe as ocarinas para o gaiteiro vigués e outros músicos galegos. A partir deste momento a súa querencia pola música galega lévalle a colaborar con grupos como Fuxan os Ventos, Banda das Crechas, entre outros. Organiza unha serie de concertos no Festival de Ortigueira e participa como músico.
Os seus coñecementos en determinados de instrumentos de vento como low whistle, gaita ou requinta son notables, mas é na ocarina co que se expresa con maior virtuosismo.