Monográfico de pandeiro cadrado

Organizamos este monográfico con Xulia Feixoo sobre o pandeiro cadrado na Terradas Frieiras (Ourense) ao abeiro da recente publicación na colección da Chave Mestra sobre a tocadora Concha do Canizo e as músicas desta zona do oriente ourensán.

Este obradoiro é froito dunha longa investigación arredor do pandeiro cadrado e dunha das súas tocadoras icónicas: Concha do Canizo. Durante o percorrido sobre o seu repertorio abordarase transversalmente as prácticas de transmisión oral protagonizadas polo pandeiro na Terra das Frieiras. O fío condutor do obradoiro será a historia de vida da propia Concha construída a partir dun conxunto de entrevistas e gravacións musicais que lle foron realizadas nun período de sesenta anos (1952-2012). O obradoiro apóiase en material audiovisual conformado por fotografías antigas, transcricións musicais e lingüísticas, e as gravacións orixinais realizadas por Alan Lomax en 1952 e polos compiladores Xabier Díaz, Xosé Lois Foxo, Leni Pérez, Miguel Souto, Xisco Feijoó e Guillerme Ignacio.

Detalles:

  • Lugar: Centro Sociocultural da Trisca. Santiago de Compostela
  • Data: sábado 7 maio de 2022
  • Horario: 10h a 14h. 4 horas totais
  • Prezo: 20 € (30 € se asistes ao curso con Guillerme Ignacio)
  • Prazas limitadas
  • Nivel: medio; persoas xa iniciadas no instrumento.
  • Inscripción: enche o formulario de embaixo; recibirás un correo coas instrucións de matrícula
  • + info: matricula@folque.com

Contidos

  • Breve contextualización xeográfica e cultural da Terra das Frieiras
  • Tipoloxía do pandeiro frieirés
  • Concha Luis: a última tocadora do pandeiro
  • Repertorio da aldea do Canizo (A Gudiña, Ourense)

Sobre Xulia Feixoo

Percusionista, historiadora da música e a primeira etnomusicóloga titulada da Galiza. Dentro do panorama da música de raíz galega, é integrante do Cuarteto Caramuxo e da orquestra folc SonDeSeu. Durante dez anos foi a percusionista do harpista Rodrigo Romaní. Como intérprete de música tradicional ten acadado os primeiros premios nos concursos máis sinalados do país: Concurso de Gaitas de Ponteareas (2014), Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (2014) e Concurso de Música Tradicional de Luou (2013), entre outros. A súa actividade investigadora céntrase no estudo e divulgación das músicas de tradición oral da Galiza, especialmente a interpretada por mulleres. Sobre esta temática ten publicado os libros Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro… (aCentral Folque, 2017); Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral (aCentral Folque, 2017) en colaboración con Guillerme Ignacio e, recentemente, Concha do Canizo. Este pandeiro que toco… (aCentral Folque, 2021).

Pertenzo ao grupo de traballo Arredor da tradición e máis ao comité asesor do Arquivo Sonoro de Galicia, do Consello da Cultura Galega.

Formulario de inscrición:

Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación; debes mirar na pasta do “spam” se non chegase ao cartafol principal do teu correo electrónico.

Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.


Estes cursos están organizados por aCentral Folque coa axuda de:

Concello de Santiago e a Deputación Provincial da Coruña

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario