Estes días dous proxectos musicais saídos da olaría artística d’aCentral Folque estarán en Portugal actuando.
O proxecto Cantos de Cego da Galiza e Portugal do ferrolán Ariel Ninas e o beirense César Prata actuarán no prestixioso Festival de Músicas do Mundo FMM de Sines, o palco ibérico máis importante do ano para este tipo de músicas. Serán dous concertos os vindeiros 24 e 25 de xullo no Pátio das Artes de Sines.
Este festival acolle bandas de todo o mundo, de renome internacional coma Waldemar Bastos, João Afonso, Cristina Branco, Richard Bona, Lura, Oumou Sangare, Tiken Yha Fakoli aliás dos galegos Sumrrá e Mercedes Peón.
Alba María participará no festival Música no Castelo de Trancoso na Beira Alta o vindeiro sábado 22 de xullo, festival de música e cervexa artesanal que se celebra nas noites da fortaleza desta vila do interior do país.
O festival decorre entre o 21 e o 23 de xullo con dous concertos por día e unha feira con postos de artesanía e musica e unha feira de cerxa artesá de produción local.
Jon Luz, Quadrilha, Dead Combo, Alba María, Ai!, Roncos do Diabo son algúns dos grupos que acompañarán a Alba María no palco do castelo desta fermosa vila beirense.
Podes ver o vídeo promocional aquí: