Este é un concerto especial polo día das Letras Galegas na Rede de Músicas Soltas no Auditorio da Xunqueira de Redondela. Najla Shami cantará acompañada do guitarrista Héctor Lorenzo e afondarán no repertorio do seu último traballo “Na lingua que eu falo” (Galaxia, 2013) no que pon música á poesía de Rosalía de Castro alén de outras cancións do seu repertorio cunha sonoridade influenciada por estilos coma o jazz, funk, world music e a música galega, Najla Shami tráenos a súa proposta que percorre latitudes que van desde a Galiza até o Brasil ou África.
*Este concerto sustitúe ao de Narf que estaba anunciado no cartel xeral da programación do ciclo Rede de Músicas Soltas de Redondela.