Nigrán Jazz 2018

O Nigranjazz celebra a súa duodécima edición o 27 e o 28 de xullo. Contará coa actuación estelar do guitarrista holandés Jesse Van Ruller en trío e do valenciano Voro García en quinteto, considerado como un dos mellores trompetistas a nivel internacional.
A programación do Nigranjazz une de novo a figuras de recoñecido prestixio mundial cos músicos galegos máis relevantes do momento, como Xacobe Martínez Antelo e Dani Font, que cos seus respectivos tríos serán os encargados de abril o festival o 27 e 28 respectivamente.

Ademais teremos masterclasses con Peter Bernstein e Jesse Van Ruller, un concerto de Swing e as habituais Jam Sessions ao acabar os concertos.

Master Classes_
O Festival Nigranjazz ofrece este ano dúas clases maxistrais a cargo de dous dos guitarristas de jazz máis importantes da súa xeración: Peter Bernstein (venres 27 xullo) e Jesse Van Ruller (sábado 28 xullo). Un privilexio para calquera músico e inexcusable para tódolos guitarristas.

Info e inscricións en: info@folque.com. Prezos: 15 € (20 € as dúas). Lugar: Auditorio do Concello. 12.30h a 14 h.

PROGRAMA. Festival Nigranjazz 2018:

Venres 27 de Xullo

  • 12:30 h Masterclass con Peter Bernstein. Auditorio do Concello de Nigrán.
  • 21:00 h. Concerto de Xacobe Martínez Antelo Trío. Auditorio ao aire libre da Foz do Miñor.
  • 22:30 h. Concerto de Voro García Quintet. Auditorio ao aire libre da Foz do Miñor.
  • 24:00 horas, realizarase o concerto de Jam Session con Emilio Atanes Cuarteto.

Sábado 28 de Xullo

  • 12:30 h Masterclass con Jesse Van Ruller. Auditorio do Concello de Nigrán.
  • 19:30 h Swing Session con The Low Bay Hot Band. Paseo da Foz do Miñor.
  • 21:00 h. Concerto de Dani Font Trío. Auditorio ao aire libre da Foz do Miñor.
  • 22:30 h. Concerto de Jesse Van Ruller Trío
  • 24:00 h. Jam Session con Diego Alonso Cuarteto

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario