aCentral Folque organiza unha nova edición da Rede de Músicas Soltas, desta volta en Redondela cun programa de concertos coas últimas novidades sobre as músicas populares contemporáneas promovido pola Concellaría de Cultura. Un programa regular para presentar os traballos de artistas en activo. A Rede pretende ser un escaparate para a presentación dos discos recentes de Eliseo Parra, Guadi Galego, Celina da Piedade, Alba María, Narf trio ou Alejandro Vargas. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón da vila dos viaductos.
A Rede de Música Soltas de Redondela son concertos de presentación dos proxectos en activo da música popular feita en Galicia por músicos galegos ou moradores deste país que para esta edición abre o seu ámbito xeográfico e combida a outros artistas da Península a tocar para o público local. Así temos os novos discos de Guadi Galego, Fran Pérez “Narf” a trio e Alba María, actuacións especiais coma a de Eliseo Parra (Madrid) e Celina da Piedade (Portugal), ou a improvisación de Alejandro Vargas (Cuba) sobre as miniaturas musicais de Eugenio Granell.
Toda a información e axenda aquí: https://www.folque.com/01.140415wp/actividades/producions/rede-musicas-soltas-redondela15/