Nova tempada de Baile Assalto

Graphic13Comezan os Bailes Assalto para esta tempada 2015/2016 que organiza aCentral Folque no centro social A Gentalha do Pichel. Este ano con algunha novidade e o mesmo espíritu de danzar coa mellor música ao vivo os bailes galegos e europeos de moda. Mantense a regularidade no calendario de organizar un BA nos segundos venres ao mes. Como novidade este ano, un só grupo encargarase de pór a música ao vivo comezando puntualmente ás 22 h. e ás 24 h deixarase o micrófono para ofrecer o palco aberto e que músicos continuen co baile. Quen toque no palco aberto terá o billete gratis do BA. Escribe un mail a info@folque.com se queres participar (mínimo 20′).

Para inaugurar a tempada, unha noite especial sobre bailes húngaros (csángó) de Moldavia co grupo Gergelyes. Ás 2o h ofrecerán un obradoiro sobre estas danzas.

GERGELYES /ˈɡɛrɡɛjɛʃ/ (Guergueiesh)

Fan música e baile dos húngaros csángó, da rexión de Moldavia en Romanía
Páxina web
Páxina no facebook

O conxunto Gergelyes toca música para o baile procedente das tradicións dos csángó húngaros. Nos espectáculos o público aprende ao son da música estes bailes participativos, de pasos e coreografías sinxelos e con múltiples repeticións nas que tamén están presentes as variacións individuais. No repertorio abondan os bailes en roda, aos que se suman algúns bailes en parella. A música é enérxica, de formas, ritmos e escalas variadas; a meirande parte das veces é alegre, outras mais grave, repetitiva (melodías tocadas co envolvente son do kaval moldavo), mais sempre chea de vida.

O obxectivo principal da banda é facer que todos participen da alegría do movemento, en harmonía cunha viva música cuxa primeira razón de ser é a de servir de soporte á danza.

Integrantes:

  • Veronika Gergely (baile, voz)
  • Olivier Cano (frauta, kaval)
  • Juan Parga (frauta, kaval)
  • Antón Guillén (violín)
  • Sergio de la Ossa (koboz)
  • José Ocampo (percusión)

Os membros fundadores (Veronika Gergely e Sergio de la Ossa) aprenderon estes bailes nos seráns urbanos de Budapest, así como en aulas ou obradoiros dirixidos por coñecedores directos do baile. Os seráns urbanos húngaros (táncház, literalmente: casa de baile) foron declarados en 2011 pola UNESCO método ou práctica a preservar, e os bailes dos húngaros da Moldavia gozan actualmente de especial preferencia do público: centos de persoas acoden semanalmente a estes seráns debido ao carácter da súa música e –principalmente– aos sinxelos movementos que fan que calquera persoa poida unirse inmediatamente ao grupo e desfrutar do baile.


Exmplol dun baile de roda Csángó:

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Pingback: Baile Assalto | Gergelyes /ˈɡɛrɡɛjɛʃ/

Deixa un comentario