Esta semana voltan Os Contos de Joselín ao palco e viaxan cara o norte para o público de Ferrolterra e Ortegal. O xoves 30 de abril estarán en Fene (Casa da Cultura) nunha actuación a trio e o sábado 2 de maio en Ortigueira (Teatro da Beneficiencia) a dúo.
Tres oradores de renome recrean en palco “Os contos de Joselín” e asociaranos aos seus propios. Quico Cadaval como director artístico deste espectáculo, no que tamén participan o lalinés Celso Fernández Sanmartín e o zamorano José Luís Gutiérrez “Guti” que ademais de contar, canta, como tamén facía Joselín cos cantares de cego. O espectáculo ofrece tamén imaxes de época de Joselín, do que se pode escoitar un conto na súa voz.