Novedades para a Escola Livre da MPG

marmelosA Escola Livre da MPG abre as súas portas un curso reinventando o xeito no que se ensina a música popular no país, cun plantel de músicos profesionais que amosan a súa mestría nos palcos. Aberto desde o 2000/01 o que daquela era o Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Lalín, continúa a ofrecer un ensino individualizado cunha oferta en materiais instrumentais e teóricas especializadas.

Este ano temos caras novas á frente dalgúns instrumentos e outros xa veteráns na docencia; mestura de instrumentos nos que fumos pioneiros en ser aprendidos e novedades no ensino.

Ao longo desta semana actualizamos toda a info na web e abrimos o prazo de preinscrición online.

O curso comezará o luns 13 de outubro.

Plantel de materias e mestrado para o curso 2014/15:

ESCOLA LIVRE MPG

Talleres de instrumento

  • Frautas e requinta: Roberto Sala
  • Sanfona: Óscar Fernández
  • Percusión tradicional: Carlos Freire
  • Percusión afrobrasileira: Paulo Silva (novedade)
  • Acordeón diatónico: Brais Maceiras
  • Gaita: Óscar Ibáñez
  • Violino: María G. Blanco
  • Harmónica: Ariel Ninas (novedade)
  • Conxunto e improvisación: Alejandro Vargas

Talleres de canto

  • Técnica:  Paulina Ceremuzynska
  • Repertorio: Quique Peón
  • Grupo de improvisación oral e regueifa: Alba María (novedade)

Talleres “teóricos”

  • Transcrición e Análise de canción tradicional: Sergio de la Ossa
  • Harmonía na música popular contemporánea: Alejandro Vargas

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario