A finais deste ano 2017 aCentral Folque vai publicar oito novos títulos da colección Chave Mestra sobre patrimonio oral, música, memoria, persoeiros senlleiros da cultura galega en libros con CD. Completan os sete títulos xa publicados nos últimos tres anos facendo desta colección un tesouro bibliográfico actual.
Cada un dos libros achega unha visión particular dos persoeiros no seu contexto segundo as investigacións de cada autora, rasgos biográficos e novas achegas fotográficas, moitas delas inéditas. Cada libro vén acompañado dun CD con gravacións documentais orixinais históricas de diversas fontes.
Esta é unha colección indispensábel que enche un importante baleiro nas publicacións sobre o tema musical e a cultura popular en Galiza. Os libros estarán disponíveis nas librarías do país e na plataforma de venda en liña de Inquedanzas Sonoras.
En breve anunciaremos as presentacións de cada título que iremos anunciando paseniño.
Os novos libros da colección son:
- “Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo” Alba María Rodríguez
- “Farruco de Montrove e a gaita na Coruña” Moncho do Orzán
- “O legado sonoro de Jacinta Landa Vaz. Galiza, Portugal e Extremadura” Pilar Barrio, José do Pico, Domingos Morais.
- “Maruxa Boga. Recordando a Galicia” Jesús Blanco e Pedro Cirio.
- “Maruxa das Cortellas. tocadora do pandeiro” Xulia Feixoo
- “Gustav Henningsen. Gravacións Musicais de Galiza 1964-1968” Xavier Groba e Sergio de la Ossa
- “Manuel López López. O gaiteiro de Poso” Carlos Rey, Serxio Cobos e Iván Costa
- “Mulleres de Gargamala! Cantares tradición oral” Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio Costa