A Escola de Música d’aCentral Folque (EMaCF) continua máis un curso para a aprendizaxe e perfeccionamento na práctica e coñecemento das músicas tradicionais galegas. O Curso Maxistral e Aulas individuais e Colectivas en distintas especialidades con mestres en activo e con atención personalizada. 18 anos de docencia e reinventando na vangarda o ensino da música tradicional en Galicia, máis un curso en Santiago de Compostela para toda a cidadanía.
O curso comeza o 19 de outubro de 2018 e chega até o 15 de xuño de 2019. Oito meses de ensino especializado no que se farán outras actividades complementaria á docencia coma monográficos, palestras, foliadas, bailes, concertos, etc.
Podes aprender de forma continua en aulas individuais directamente co mestre en especialidades coma sanfona, violino, canto, requinta e frautas, gaita galega ou en aulas colectivas de baile, harmonía, análise musical e linguaxe musical.
Máis un ano ofertamos tamén o Curso Maxistral, unha experiencia única na aprendizaxe da música popular galega. Unha rica bagaxe de coñecementos sobre cultura patrimonial sumada á aplicación de vangarda, sesións prácticas en grupo e guía de xestión profesional. Todo para axudar ós músicos a expresar a súa auténtica voz creativa na escena contemporánea.
A prematrícula está aberta desde xuño e precisamos recibir recibir o formulario online para conformar os horarios e definir cada unha das aulas.
Toda a información na web da Folque ou no correo matricula@folque.com