Este 25 de novembro a cantante Guadi Galego, a que fora mestra de canto no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e despois de aCentral Folque, parceira con Ugia Pedreira e Abe Rábade de Nordestin@s, e voz da Descarga ao Vivo Galiza-Cuba entre outros e bos proxectos, publica o seu segundo traballo en solitario “Lúas de outubro e agosto” coincidindo coa celebración do Día contra a violencia de xénero, oportunidade para poder escoitar os dez temas do disco. Nunha revisión íntima, de sonoridades acústicas e letras personais, este traballo apunta para ser un dos máis exitosos do mercado en galego. Lonxe de números, visualizacións nas redes sociais e impactos, coidamos deste exquisito disco coa voz de Guadi, a produción e acompñamento musical de Pachi Lis, Santi Cribeiro e Pablo Pascual.
Desde folque.com, agardamos un camiño de suceso a esta grande artista e amiga. Este é o primeiro sinxelo do disco: