Novo disco de Os Folkgazais

folkgazaisEste grupo que afunde as súas raíces na música de salón do occidente asturiano e mariña luguesa lanzan novo disco. “Alorias” sairá á venda a mediados de xuño, un EP con 5 temas gravados nos estudos Acme de Avilés e no que colaboran renombrados músicos da escena musical asturiana e galega -entre otros de Ugia Pedreira (Marful), Michael Lee Wolfe (Asturiana Mining Company), Gustavo Pérez (Blues and Decker), Laurie Leon (Suadel) y Aitor Herrero (Alexandra in Grey)-

“Deixame ir contigo” é o primeiro single con letra do poeta Alejandro Fernandez e coa colaboración vocal da cantante hispano cubana Laurie León Cartaya. As datas de presentación confirmadas son o 13 de xuño na Sala Whippoorwill de Oviedo, 14 de xuño na Casa de Cultura de Vegadeo, 15 de xuño no Cinema teatro de Ribadeo e 17 de xuño na mítica Casa das Crechas de Santiago de Compostela.

Ademais destes novos temas o grupo ensaia unha revisión dos temas máis emblemáticos dos dous discos anteriores con novos arranxos musicais, ao que se suma un cambio na estética e a posta en escena máis elaborada. Un espectáculo ao redor de dúas horas que mostra case a práctica totalidade de ritmos bailables dos anos 50 como: Swing, Fox-trop, Mambo, Bolero, Cumbia, Rancheira, Habaneira, Cumbia, Corrido, vals, etc. Temas propios e versións de orquestinas asturgalaicas dos anos 50, co nexo común do uso do galego asturiano á hora de cantar.

Para contactar co grupo na súa páxina de facebook ou por medio do correo: conjuntoosfolkgazais@yahoo.es

Máis información na nosa páxina web http://www.conjuntoosfolkgazais.es/

A idea e as fontes das que bebe o Conxunto vos Folkgazais teñen a súa orixe nos cambios que se producen no Occidente asturiano e a Mariña de Lugo entre a última década do século XIX e mediados do século XX. Nestes anos as músicas tradicionais (gaiteiros, acordeonistas, tamborileros, violinistas, etc.) que amenizaban as festas populares, ás veces formando agrupacións (cuartetos e quintetos tradicionais), conviven coas bandas de música. Estas músicas servían de entretemento tras as duras tarefas laborais, mentres xurdían novas realidades económicas, sociais, etc, avances tecnolóxicos, inquietudes culturais, novos espazos lúdicos, etc.


 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario