Novos espazos para a Escola Folque

auditorioGZA Escola de Música Popular e Avanzada d’aCentral Folque aumenta a súa oferta docente e amplia a súa presencia a espazos novos da cidade de Compostela. Como novidade, estará o novo itinerario (formación profesional, un curso na moda dun master universitario) ubicado no Auditorio de Galicia no barrio de Vista Alegre onde se impartirán as aulas os venres pola tarde e o sábado pola mañá. Neste edificio ademais celebrarase o concerto de presentación da escola o vindeiro martes 20 de outubro a partir das 21 horas.

Tamén neste espazo celebranse as aulas colectivas do itinerario de formación continua: Linguaxe musical (método Kodály), Harmonía na música popular, Regueifa e improvisación oral.

O resto da escola (aulas individuais de formación continua en práctica instrumental) terán lugar no CSC da Trisca os sábados todo o día (harmónica, violino, gaita e percusión) e no CSC do Castiñeiriño os luns pola tarde (Frauta e requinta).

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario