O Cancioneiro de Schubarth e Santamarina

Dorothe_recollendoEstes días anda de novo por Galiza a musicóloga Dorothé Schubarth para organizar o legado dunha copia orixinal das gravacións e material de investigación realizado a finais dos anos 70 e principios dos 80 canda Antón Santamarina. Serán depositadas no arquivo sonoro do Museo do Pobo Galego onde se dixitalizarán e porán a disposición a través do APOI (Arquivo do Patrimonio Oral e Inmaterial) do museu.

aCentral Folque está a realizar un traballo monográfico sobre o violinista Florencio, o cego dos Vilares, co material deste cancioneiro, a análise musical da propia Dorothé e a transcripción de algunha melodía por Sergio de la Ossa e un CD con gravacións restauradas que será publicado no primeiro semestre de 2015.

No ano 1978, a musicóloga suíza Dorothé Schubarth chega a Galicia para estudar a nosa música popular. Para o seu traballo contou coa colaboración de Antón Santamarina, doutor en Filoloxía e catedrático da Universidade de Santiago, que participou directamente na recollida, transcrición e análise dos textos. Coa parte máis substancial dos materiais recollidos no traballo de campo a Fundación Barrié inicia en 1984 a publicación en sete volumes, baixo o título Cancioneiro popular galego. Esta obra, que se axusta a un sistema de clasificación e estudo etnomusicolóxico inédito daquela por estas terras, constitúe un corpus fundamental para o coñecemento do noso acervo folclórico. http://www.fundacionbarrie.org/cancioneiro/

Foron cinco anos de traballo arreo por aldeas, montes e corredoiras, que non remataron coa publicación dos materiais, senón que crearon un vínculo permanente da musicóloga con Galicia. Algunhas das persoas que lle serviron de informantes seguen mantendo a relación con ela.

As gravacións orixinais serán integramente dixitalizadas e incorporaranse ao arquivo, onde poderán ser consultadas e estudadas por outros especialistas. Unha parte destes materiais, que non foron editados no seu día pola Fundación Barrié, será analizada e publicada na rede para facela accesible ao publico a través do portal www.apoi-mpg.org

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario