O FECHIÑO

O día 6 de Agosto na parroquia compostelá de San Xoán de Fecha celébrase O FECHIÑO. Festival Rupestre e de Proximidade. Un proxecto que pon en contacto á comunidade local co patrimonio rupestre da zona mediante propostas culturais próximas e sustentábeis. Unha experiencia lúdica para vivir en conxunto con familias, amizades e  veciñanza.

Descarga o programa

As actividades estenderanse ao longo de toda a xornada. Pola mañá, haberá dous concertos: A Pedreira (Ugia Pedreira) ás 11 h na Pedra que Fala e Su Garrido Pombo ás 13 h en San Xoán de Fecha. Ademais, terá lugar o roteiro rupestre conducido polo Clube Espeleolóxico Maúxo no que visitaremos as estacións rupestres da Pedra que Fala, o Casarello, a Pedra Cabalgada e o Aguillón.

O xantar popular comezará ás 14:30 h en Lamascal. Ás 16:30 comezará Ollares cruzados, un café-conversa sobre iniciativas transformadoras do rural. Conducido pola antropóloga Paula Ballesteros, contará coas intervencións de Ana Iglesias Noya, veciña de Vilar do Rei e integrante da Asociación A Pedra que Fala; Carlos Martínez Uzal, coordinador da Asociación Itínera e Xoán-Xil López, artista sonoro e membro do Colectivo Rupestre Sonoro de aCentral Folque.

O baile assalto-danzas do mundo que abre a programación de tarde vén da man da bailadora Mercedes Prieto e o dúo musical Wod ás 17:30. Continuará unha sesión de improvisación oral do payador arxentino Wilson Saliwonczyk ás 19 h e fecharán os concertos dúas bandas folk chegadas desde Oxford (UK): Owl Light Trio ás 20:30 h e Xógara ás 22 h.

É necesario facer reserva para o xantar (26 €/persoa antes do 2 de Agosto) e para ter praza no bus que sairá ás 10:00 h da Praza de Galicia con parada en Santa Isabel. O mail de información e reserva é: ofechinho@folque.com

O FECHIÑO é unha produción de aCentral Folque que conta coa colaboración da Asoc. Ambientalista A pedra que fala, a Asoc. Veciños S. Xoán de Fecha a Asoc. Veciños. Sta. Cristina de Fecha e o apoio da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela.


Diaporama de imaxes do que foi o Fechiño 2022. Fotos de Eutropio Rodríguez

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Maria teresa

    Ahhhh APÚNTOME!!!!! QUÉ ACTIVIDADE TAN INTERESANTE!!!

Deixa unha resposta a Maria teresa Cancelar a resposta