Ábrese o LOCAL DA FOLQUE en Santiago de Compostela, alí onde mora a Lura Vermella do artista Pancho Lapeña. Diversas actividades terán lugar neste espazo polivalente que xa ten acubillado aula shows e cursos de músicos coma Marcos Suzano, Jean-Michel Veillon ou Jacky Molard. Para as vindeiras semanas contaremos coas experiencias de Fran Pérez, Guadi Galego, Pablo Quintana, Sés ou Ugia Pedreira entre outras.
Coma nos teatros ou nos bares de flamenco, na parte de atrás sitúase o lugar máis misterioso e donde se coce o interesante das vivencias diarias. Este Local da Folque foi no seu inicio o garaxe dunha autoescola, agora reconvertido en salón-fogar por Quim Farinha, Roberto Sala, Óscar Fernández e os que traballamos habitualmente aquí. Igual que as luras van á luz desde a profundidade, desde aCentral Folque decidimos abrir portas e xanelas para que entre a luz, com accións cariñosas e próximas, con petiscos caseiros dirixidas ao bairro alegre de Vista Alegre, e a quen queira ser e estar con nós.
PROGRAMA de actividades
Data/hora | Evento |
---|---|
22/04/2014 20:00 - 22:00 |
Encontro con Narf
Local da Folque, Compostela A Coruna |
23/04/2014 21:00 - 22:00 |
Concerto: Alba María
Local da Folque, Compostela A Coruna |
26/04/2014 12:00 - 14:30 |
Encontro con Ugia Pedreira
Local da Folque, Compostela A Coruna |
08/05/2014 21:00 - 22:30 |
Parola con Pablo Quintana
Local da Folque, Compostela A Coruna |
10/05/2014 12:00 - 14:30 |
Encontro con Guadi Galego
Local da Folque, Compostela A Coruna |
21/05/2014 20:00 - 22:00 |
Parola con Sés
Local da Folque, Compostela A Coruna |
12/06/2014 20:00 - 22:30 |
Curso de canto difónico: P. Rougier
Local da Folque, Compostela A Coruna |
20/06/2014 18:00 - 21:00 |
Curso cordas: Sérgio Tannus
Local da Folque, Compostela A Coruna |
21/06/2014 12:00 - 14:00 |
Seminario Réxime xeral artistas
Local da Folque, Compostela A Coruna |
04/07/2014 21:30 |
Concerto de nenoescuro
Local da Folque, Compostela A Coruna |