O Romanceiro Tradicional no Estouciñando

Este domingo 15 de marzo ten o primeiro programa da segunda edición do Estouciñando, un ciclo de músicas e obradoiros arredor das músicas feitas na Galiza e en galego que organiza a Asociación Cultural Banda Escola de Música de Visantoña (Santiso) no novo centro cultural da vila “eugenio Pazos Reyes”.

A primeira cita terémola o día 15 de marzo en sesión vermú. Ás 12.30h será a presentación de Romanceiro Tradicional, de José Luis Forneiro e Sergio de la Ossa, e a partir das 13.00h Comando Curuxás, concerto ao vivo.

Nas seguintes programacións do Estouciñando , aCentral Folque estará a presentar os últimos números da colección da Chave Mestra:

– 11 de Abril. O Ribeira de Louzarela, brindador da dentro de Kike Estévez e Pablo Bernárdez.

– 9 de Maio. Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade de Xavier Groba e José Luis do Pico.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario