Obradoiro de regueifa con Alba María

regueifarmolaA tarde do xoves 22 de setembro dentro da celebración da 30ª Semana Cultural de Conxo, este centro sociocultural de Santiago acollerá unha sesión de regueifa a cargo da cantora e improvisadora Alba María co gallo da homenaxe a Manuel Tarrío, “o último trobador de Conxo”, aquel que naceu en Cornes no ano 1925.

A cantautora Alba María fará un obradoiro de regueifa dirixido á rapazada. Esta cantautora ten participado en numerosos certames de poesía e improvisación, sendo unha destacada poeta e regueifeira.

Para coñecer o resto da programación, podes ler esta nova sobre a rolda de prensa da 30ª Semana Cultural de Conxo:
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=15015&lg=gal

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario