Os Contos de Joselín en Cee

Joselin_cartazEsta semana voltan Os Contos de Joselín ao palco e viaxan cara á costa oeste para o público de Cee e da Costa da Morte dentro do festival de teatro da vila “Á esCEEna”. O xoves 25 de agosto estarán no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee nunha actuación a trio con tres oradores de renome recrean en palco “Os contos de Joselín” e asociaranos aos seus propios. Quico Cadaval como director artístico deste espectáculo, no que tamén participan o lalinés Celso Fernández Sanmartín e o zamorano José Luís Gutiérrez “Guti” que ademais de contar, canta, como tamén facía Joselín cos cantares de cego. O espectáculo ofrece tamén imaxes de época de Joselín, do que se pode escoitar un conto na súa voz.

As entradas teñen un prezo de 7 e 5 €.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario