O domingo 23 de decembro ás 17 horas ten lugar a presentación do libro “Os Danzantes dos Reis” no mesmo Riofrio, protagonista coas súas xentes dunha das danzas brancas máis representativas de Galiza que se fai no día de Reis cada 6 de xaneiro e que recolle nesta nova publicación da colección Cámara Escura, fotos e memorias deste sinalado acto da parroquia.
A presentación contará con algún dos danzantes actuais, co fotógrafo Eutropio Rodríguez, autor gráfico do libro, Alba Cid, escritora do texto que acompaña o libro, Xoan Carlos Bugarín Montes ‘Calis‘, alcalde de Mondariz e Ramon Pinheiro, editor e director artístico d’aCentral Folque.
Os Danzantes dos Reis | Los danzantes de Reyes | The three King’s dancers
de Eutropio Rodríguez, Alba Cid
A parroquia de Riofrío, en Mondariz, conserva un complexo espectáculo de “danzas brancas” na mañá do 6 de xaneiro, que comeza tras as coplas de Reis dentro da propia igrexa de San Miguel, e continúa en órbita polo adro, arredor do templo. Non sempre foi así, ben se lembra o percorrido dos danzantes polos vales.
Este volume é un álbum de fotografías sobre os danzantes de Reis: os que danzan e as que danzaron, quen terma dos preparativos, mais tamén os gaiteiros, os retratos de man en man, os movementos e os lugares. As partituras e a transcrición das coplas acompañan as fotografías, así como un texto que explora canto alí acontece -desde as sensacións aos atributos e a vestimenta-, trenzando voces e dando conta das transformacións profundas que as danzas experimentaron.
Dónde pueeo comprar este libro.