Prazas libres no Curso Maxistral

empa_webO Curso Maxistral que aCentral Folque ofrece para a Escola de Música Popular e Avanzada aínda ten vagas libres. Un curso de especialización, pensado para todas aquelas persoas que quieran afondar nos contidos fundamentais da música popular, que teñan algún tipo de coñecemento musical e que toquen algún instrumento ou canten, en calquera estilo, estética e interés. O curso está organizado en dous anos, un primeiro con contidos teóricos e prácticos ao redor dos fundamentos e un segundo de práctica e experiencia profesional. Dous anos son poucos para saber de todo, mas o que aquí se ofrece son xanelas a mundos ás veces ignotos, ás veces esquecidos.

O primeiro curso pivota sobre catro áreas. Dúas son de carácter teórico (Historia e Contextos; Análise Musical) e dúas de carácter práctico (Repertorio; Arranxos) con cadanseu mestre regular (Ramom Pinheiro, Sergio de la Ossa, Pablo Pérez Sanmamed, Alejandro Vargas) e máis de quince especialistas convidadas achegarán os seus coñecementos en seminarios específicos sobre etnomusicoloxía, organiloxía, canto, baile, cancioneiros, etc… nomes que completarán este elenco coma Dorothé Schubart,  Rosalía Rodríguez Vázquez, Ugia Pedreira, Paulina Ceremuzynska, José Manuel Díaz, Olga Kirk, David Bellas, Paulo p., José Luís do Pico Orjais, Nacho Muñoz,  Óscar Ibáñez,  Carlos Freire, Pablo Pérez, Fernando Abreu, Carme Iglesias, Maisa Lago, Alba María, Xavier Groba, Tomás Ageitos

As aulas teñen lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela os sábados desde finais de outubro até mediados de xuño.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario