Os Premios da Música Martin Códax están na súa IV edición, un escaparate de algúns dos proxectos musiciais galegos organizados en etiquetas estilísticas que mostran a riqueza de bandas e solistas que actúan no país. aCentral Folque está representada con dous proxectos producidos desde o seu miolo. Ariel Ninas & César Prata cos Cantos de Cego da Galiza e Portugal. Ademais presentouse o festival Rede de Músicas Soltas á categoría especial Organistrum feita para salas, festivais e espazos de comunicación.
Un dos obxectivos destes premios é o de “RECOÑECER a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas. Revelar novos talentos da escena musical galega e achegar a música e o seu proceso de produción ao público.”
Até o 26 de marzo as persoas asociadas a Músicos ao Vivo, poderán votar para elexir aos finalistas que serán galardoados na gala do 3 de maio en Pontevedra.
Para ver todos os proxectos, podes visitar a web dos premios:
http://www.premiosmartincodaxdamusica.com