O vindeiro 24 de abril, mércores terá lugar a presentación da colección de libros de fotografías e textos literarios “Cámara Escura” que aCentral Folque lanzou nos últimos meses cos dous primeiros títulos: O danés curioso en Ordes e Os Danzantes dos Reis, ambos dirixidos por Eutropio Rodríguez con textos de Estíbaliz Espinosa e Alba Cid, respectivamente. Fotografía antropolóxica e artística para a Historia.
O acto comezará ás 19:30 h na libraría coruñesa Berbiriana (Rúa Santiago 7) e contará co propio Eutropio Rodríguez e con Estíbaliz Espinosa.
A Cámara Escura é unha nova liña editorial d’aCentral Folque de libros de literatura e con fotografías de grande calidade, en versión trilingüe (GZ, EN, ES).